top of page

Silleda incrementa o seu padrón segundo os datos do INE e alcanza os 8.888 habitantes

O Concello presentará no prazo establecido as alegacións correspondentes, considerando que os datos, a 1 de xaneiro, son máis elevados e se sitúan 9.003



Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda tería segundos os datos do Instituto Nacional de Estatística, un total de 8.888 habitantes a data do pasado día 1 de xaneiro. Unha cifra que supón un incremento de 18 persoas máis respecto aos datos do padrón anterior.

Aínda así, dende o Concello de Silleda e no marco do prazo legal estipulado dende o INE para realizar alegacións, (as propostas poden remitirse ata o vindeiro 9 de abril) remitirase a proposta municipal que se sitúa en 9.003 habitantes a 1 de xaneiro de 2025. Unha vez remitida cruzaranse os datos para a proposta final.


Esta nova cifra confirma, a falta da cifra final que se cotexará con posterioridade, a tendencia dos últimos anos do municipio de Silleda, resistindo a diferencia doutras localidades do interior o embite do despoboamento.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A falta de confirmarse o dato final, a proposta do INE pasa por un número ben curioso, cifra capicúa que dende o Concello de Silleda se agarda aumentar.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page