Silleda incrementa o orzamento do Programa de Atención Integral a Persoas con Alzheimer e as súas familias para 2024
Laura Moure/Silleda
O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) continuará outro
ano máis no municipio. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, xunto ca concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, mantivo un encontro co presidente de Afapo, José Manuel Constenla, de cara a coordinar as accións asistenciais do programa para o vindeiro ano.

Para o exercicio 2024, o Concello de Silleda aumentará a dotación para este programa, que se situará en 20.000 euros (3.000 euros máis que na anualidade actual), e que implementará as actuacións previstas.
Así, ademais dos obradoiros de terapia ocupacional e estimulación cognitiva que se realizan no programa celébranse todos os martes e xoves de 10:15 a 13:30 –en dúas quendas- nas instalacións da Casa da Xuventude ao longo de todo o ano (agás no mes de agosto), tamén está previsto desenvolver un curso de formación para familias coidadoras.
Publicidade
Este ciclo formativo para persoas coidadoras non profesionais , a través do programa “Coidados compartidos”, está previsto que se celebre en marzo, con varias sesións nas que se abordarán cuestións como os síntomas cognitivos e non cognitivos, terapias non farmacolóxicas, a comunicación cas persoas con demencia ou o autocoidado da persoa coidadora.
“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala o alcalde destacando que a posta en marcha desta iniciativa é “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade.
Publicidade
Esta previsto que nas vindeiras semanas, unha vez asinado o acordo e rematadas as valoracións por parte do personal especializado de Afapo, comecen a impartirse os obradoiros de estimulación cognifitiva para as persoas aqueixadas de alzhéimer e outras demencias que continuarán ata final de ano na Casa da Xuventude. Esta é unha das actividades que se vén desenvolvendo con este programa, ao igual que os cursos para familiares e coidadores/as.
As sesións terán lugar todos os martes e xoves, en dúas quendas, nas que se repartirán as 27 persoas que participarán este ano no programa, cun claro obxectivo de prevención da enfermidade.
Dende o Concello de Silleda tratarase de realizar ademais unha campaña informativa sobre este programa, “para tratar de chegar a máis poboación xa que sabemos da incidencia que ten esta enfermidade e que temos, por desgracia, máis usuarios e usuarias potenciais”, engade o alcalde.
Publicidade
Obxectivos do programa
Dende AFAPO, o seu presidente José Manuel Fontenla explíca que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.
A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal”, sinala a concelleira Ángela Troitiño.










Comentarios