O departamento de Benestar Social mantivo unha reunión coa Asociación Amicos para abordar esta proposta
LauraMoure/Silleda
A concelleira de Benestar e Igualdade, Ángela Troitiño, xunto coas técnicas do departamento de Benestar Social, reuníronse coa Asociación Amicos para impulsar de forma conxunta o Programa Pioneras. O Concello de Silleda e Amicos xa contan cun convenio de orientación laboral para persoas con discapacidade.

O Programa Pioneras é unha iniciativa anual de formacións enfocadas á inserción sociolaboral de mulleres rurais con discapacidade, que teñan unha discapacidade mínima ou que estean en proceso de recoñecemento da mesma. Tamén se inclúen as mulleres que poden están activamente traballando.
As formacións abordan temáticas de gran relevancia, como o emprego verde, o coñecemento básico en TICS, a economía circular e o dinamismo rural. Ademais, todas as
formacións son totalmente gratuitas.
Actualmente, está aberta unha formación específica en modalidade telemática para a titulación de Monitora de Actividades Turísticas en Entornos Naturais, que consta de 50
horas que se desenvolverán de luns a venres, entre as 10 e as 12 horas, do 3 ao 21 de febrero de 2025.
Publicidade
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Benestar Social do Concello de Silleda.
Comments