top of page

Silleda impulsa un curso de lingua de signos en colaboración coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia

Terá unha duración total de 30 horas e as sesións impartiranse os sábados pola mañá


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Benestar, Igualdade e Educación, anuncia a posta en marcha dun curso de formación en lingua de signos coincidindo este martes coa celebración do Día Internacional das Linguas de Signos.

ree

A iniciativa, organizada en colaboración coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga), terá unha duración total de 30 horas e desenvolverase nas instalacións da Casa da Xuventude. As sesións impartiranse os sábados pola mañá, ao longo de sete xornadas consecutivas, co obxectivo de achegar á veciñanza esta ferramenta fundamental para a comunicación inclusiva.


As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 986 592 037. É preciso ter 15 persoas inscritas como mínimo para a súa celebración.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A concelleira de Benestar e Educación, Ángela Troitiño, destacou a importancia desta formación, “ca que queremos seguir dando pasos cara a un municipio máis accesible e igualitario. A lingua de signos é unha ponte de comunicación que elimina barreiras e favorece a integración das persoas con diversidade sensorial. Este curso é unha oportunidade para aprender, pero tamén para concienciar e sensibilizar sobre a realidade da comunidade xorda”.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, a alcaldesa, Paula Fernández, indica que se trata “dunha dunha formación práctica, aberta a todas as idades e que sen dúbida será de grande utilidade, tanto a nivel persoal como profesional”, sinala agradecendo a colaboración de Xoga. Con esta proposta, o Concello de Silleda reafirma o seu compromiso coa inclusión e a accesibilidade, poñendo en valor o Día Internacional das Linguas de Signos como data para visibilizar a diversidade e promover a igualdade de oportunidades.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page