Silleda habilita un horario extraordinario para consultas da limpeza de faixas de protección de biomasa
- Laura Moure
- 13 oct 2024
- 2 Min. de lectura
Ante a grande afluenza da veciñanza, dende a vindeira semana a Casa do Concello abrirá en horario de 16:00 a 18:00 horas
Laura Moure/Silleda
O Concelllo de Silleda habilita un horario extraordinario para consultas sobre limpieza de faixas de protección de biomasa, situadas arredor de vivendas e núcleos de poboación. Así, e ante a grande afluenza da veciñanza que amosa o seu interese pola situación das súas propiedades, unha vez recibida a comunicación da correspondente inspección, dende o goberno municipal decidiuse habilitar durante a próxima semana un horario de tarde, de 16:00 a 18:00 horas.
Desta forma, facilítanse os trámites a realizar pola veciñanza, se ben dende o Concello xa se están proporcionando modelos de resposta para asumir as tarefas de limpeza das fincas. Do mesmo xeito, aquelas persoas que teñen dificultades para identificar as propiedades , poderán utilizar o visor habilitado pola Xunta (no enlace

Así mesmo, nos proximos días dende o Concello incorporaráse un acceso directo ao visor e ao modelo de tipo de resposta na web municipal, para que a veciñanza o poida descargar con facilidade. Nos últimos días, tamén se reforzou o personal municipal adicado á atención destas consultas, se ben dende o goberno se lamenta as posibles agardas debido a elevada demanda de información.
Preto de 2.200 comunicacións
O Servizo Agrario Galego (Seaga) iniciou no municpio de Silleda hai varios meses os traballos de inspección das faixas secundarias dos núcleos de poboación de Silleda, tanto nas parroquias do rural como nos cascos urbanos. Este traballo de inspección, no marco do convenio asinado por esta entidade que depende da Administración Autonómica e o Concello de Silleda, ten como finalidade aumentar as condicións de seguridade dos núcleos ante os riscos de incendios forestais, dando así cumplimento á normativa autonómica de 2018.
Publicidade
Foron milleiros as fincas que se inspeccionen (nas franxas situadas no perímetro de 50 metros arredor dos núcleos) para realizar un inventario do estado no que se atopan. A partir de aí, o Concello de Silleda unha vez recibidos os informes iniciou o proceso de notificación ás persoas propietarias que non cumpren ca obriga de manter as parcelas limpas e libres de maleza ou especies pirófitas. En total remitíronse 2.148 comunicacións no municipio de Silleda.
En ditas comunicacións, outorgase un prazo de 15 días para que as persoas propietarias informen de se van a limpar ou non as propiedades afectadas. Se despois dos requerimentos non se actúa, será o propio Seaga quen acometa a limpeza e desbroce dos predios de xeito subsidiario, emitindo a factura á persoa ou persoas propietarias.
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, lembra que dende o Concello xa se veu informando á veciñanza tanto a través dos bandos colocados durante a primavera, nos que se lembraba a obriga de ter limpas as parcelas das faixas secundarias de protección antes do 31 de maio, como nas reunións mantidas cas parroquias do rural.
Comments