top of page

Silleda expón ao público o Estudo de ordenación en estradas provinciais para axilizar os trámites urbanísticos

Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda vén de recibir da Deputación de Pontevedra o Estudo de ordenación e delimitación de treitos urbanos de solo de núcleo rural nas marxes das estradas provinciais, un documento co se simplificarán os trámites urbanísticos para a veciñanza. Este estudo estará exposto ao público no taboleiro de anuncios do Concello durante 30 días hábiles, prazo no que calquera persoa interesada poderá consultalo e presentar alegacións se o considera necesario.


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A medida supón unha mellora significativa para os núcleos rurais atravesados por estradas provinciais, xa que elimina a obrigatoriedade de solicitar autorización á Deputación para a instalación de peches ou a definición de aliñacións de vivendas, empregando como única referencia as delimitacións establecidas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).


Esta modificación axilizará os trámites urbanísticos, reducindo tempos e simplificando xestións para a veciñanza. A partir de agora, só será necesario pedir autorización á Deputación para intervencións que afecten directamente aos enlaces das vías provinciais ou no caso de segregacións ou agrupacións de parcelas.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Silleda anima á cidadanía a consultar o documento e formular as alegacións que consideren oportunas dentro do prazo establecido.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page