Laura Moure/Silleda
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, participou onte na xornada Avances e boas prácticas nas políticas de vivenda de Galicia, organizada pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia) na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Urbanismo.
A EAPN, contactou co Concello polo interese que despertaron as accións en materia de vivenda postas en marcha polo executivo Silledense, e se solicitou a presenza da Alcaldesa para que as explicara, como exemplo de boas prácticas, aos participantes nesta xornada, na sua maioría colectivos do terceiro sector e profesionais da arquitectura.

A alcaldesa destacou a experiencia do municipio coa posta en marcha da Oficina de Vivenda, recoñecida xa, fai dous anos , como un exemplo de boa práctica pola EAPN
Galicia. Esta iniciativa municipal permite facilitar o acceso á información e ás axudas de vivenda ás persoas interesadas en mellorar a eficiencia enerxética ou a accesibilidade
das suas vivendas. Ademais se coordina co servizo de Benestar Social para achegar
estas subvencións as familias en situación de vulnerabilidade, marcando así un modelo que a Rede considera fundamental para ser replicado noutros concellos galegos.
Nestes días o personal municipal está informando das axudas do ARI (áreas de rehabilitación integral) vinculadas Camiño De Santiago, polo que cualquera vivenda
na zona de afecccion de esta área pode achegarse a recibir información ao concello.
Fernández Pena subliñou a importancia da coordinación entre administracións públicas e o Terceiro Sector para garantir políticas efectivas no acceso á vivenda, un compromiso que é unha prioridade tanto para o Concello de Silleda como para a Rede de Loita contra a Pobreza. Asemade, na mesa de debate que compartiu cos alcaldes de Ames e Curtis, tamen se falou doutras propostas como o acordo acadado coa SAREB para a construcción de 44 vivendas así como a creación de comunidades enerxéticas nas que as familias vulnerables terán acceso a electricidade gratuíta.
Publicidade
Con esta participación, Silleda reafirma o seu compromiso con iniciativas innovadoras que favorezan o acceso á vivenda como un dereito fundamental, especialmente para os colectivos máis vulnerables.
No marco deste seminario, presentouse ademais o VIII Informe de situación 2024: Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible en Galicia, da EAPN, un estudo que analiza as principais dificultades para acceder a unha vivenda na nosa comunidade e avalía as políticas públicas e medidas implementadas neste eido.
Comments