O skate park desta localidade, en proceso xa de licitación
Laura Moure/Silleda
O municipio de Silleda está a acoller estes días a rodaxe da película “Cariñena, vino del mar”, dirixida polo cineasta zaragozano zaragozano Javier Calvo e producida por Varykino Films. Trátase dun drama ambientado na década dos 70, baseado na novela homónima autobiográfica do escritor Antón Castro (Arteixo, 1959), premio Nacional de Xornalismo Cultural en 2013, na que narra a súa experiencia vital na España da transición.
Despois da rodaxe en varios puntos de Aragón, a parte correspondente á Galicia natal de Castro estase a rodar en territorio silledense, en localizacións como o entorno do mosteiro de Carboeiro, a ponte e a igrexa da parroquia de Taboada, ou as instalación da empresa Autocares Cuiña. No reparto figuran actores e actrices como Diego Garisa, Alejandro Bordanove, a coñecida Itziar Miranda, Nacho Rubio, Blanca Laínez, Alba Martínez, Ricardo
Joven, Paco Paricio e Javier Aranda, entre outros.
O director destaca que é unha “road movie de iniciación na que camiñan de forma paralela a transición dun país ca da vida adulta dun mozo inxenuo e inexperto que aspira a converen la que caminan de forma paralela la transición de un país con la de la vida adulta que sufre un joven ingenuo e inexperto que aspira a convertirse en escritor”, destaca Calvo. Nesta historia fálase do fulgor e da luz da mocidade, cando todo é posible. A parte silledense convértese no escenario da infancia do escritor e xornalista galego afincado en terras aragonesas.
O proxecto recibiu ademais o premio ao guión de Largometraxe Santa Isabel de Aragón, outorgado pola Deputación de Zaragoza. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, visitaron este venres ao equipo de rodaxe en Taboada, onde sinalaron que este proxecto cinematográfico vén a destacar e poñer en valor, unha vez máis, o patrimonio e natureza de Silleda, onde se teñen rodado diversas películas e series nos últimos anos.
Publicidade
Por outra banda, o Concello de Silleda acometerá nas vindeiras semanas actuacións que suporán a creación de novos espazos públicos e de ocio para disfrute da veciñanza máis nova, xa que ademais das obras de ampliación do parque da Bandeira, o Concello ten xa en fase de licitación outra actuación similar no casco urbano de Silleda, onde se instalará un equipamento de skate park así como otra pista de multideporte de caracteristicas similares á de Bandeira.
Neste caso, as obras financianse a través da convocatoria do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra. O skate park, formado por varios módulos para esta practica deportiva, está previsto que se instale na parcela municipal situada nas inmediacións da praza da feria vella, ao carón da rúa Antón Alonso Ríos. A pista multideporte, prevese que se ubique no espazo público xa existente da praza Juan Salgueiro, a modo de transición entre a propia praza e a zona axardinada. O valor estimado do contrato é de 47.916,88 euros, e o prazo para presentar ofertas remata o vindeiro día 13 de agosto.
“Con esta iniciativa damos resposta a unhas das instalación máis demandadas ao que tempo que seguimos mellorando os espazos públicos”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.
留言