top of page

Silleda e Amicos renovan o convenio para favorecer a integración laboral de persoas con discapacidade

A entidade seguirá contando cun espazo na Casa da Xuventude os primeiros venres de mes para atender ás persoas con discapacidade demandantes de emprego en Silleda e na súa contorna


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de renovar o convenio de colaboración a Asociación Amicos, unha entidade sen ánimo de lucro para a atención de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e Keltoi Cameán, coordinador de orientación laboral de Amicos, asinaron o acordo polo que o Concello de Silleda cede á entidade un local na Casa da Xuventude, na rúa Trasdeza, para a atención ás persoas con discapacidade, ás que ofrece un servizo de orientación laboral.

Deste xeito, Amicos atenderá ás persoas con discapacidade que así o demanden todos os primeiros venres de cada mes no edificio municipal en horario de 09:00 a 14:00 horas. Un servizo que atendeu a máis de trinta persoas durante o pasado ano.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este convenio ten por obxecto darlle continuidade á colaboración entre ambas entidades para desenvolver accións de cara a promocionar a integración social e laboral das persoas con discapacidade, mellorando a súa empregabilidade mediante asesoramento e a formación axeitada, ademais de realizar unha labor de sensibilización no municipio sobre a necesidade de integrar socialmente ás persoas con discapacidade.


Este servizo de orientación laboral incluirá, entre outros, un diagnóstico individualizado dos perfís e deseño de itinerarios personalizados, prospección empresarial, xestión de accións formativas ou o deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A alcaldesa destacou que con esta colaboración o municipio de Silleda dá un paso máis “na necesaria inclusión das persoas con discapacidade, que suman neste colectivo un novo referente”. Pola súa banda, Keltoi Cameán, agradeceu a colaboración do Concello de Silleda que se suma a outras localidades onde xa está a actuar Amicos, entidade fundada en Boiro no ano 2000. Na sinatura estiveron tamén presentes Pablo Penide, orientador de Amicos, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Ángela Troitiño.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page