Este Concello recibiu unha subvención de 53.000 euros para promover a separativa da fracción resto nos fogares
Laura Moure/Silleda
O Goberno de Silleda vén de recibir a notificación da concesión dunha axuda da Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos, cofinanciada polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. Esta subvención, dun importe de 53.000 euros, vai permitir o lanzamento de campañas de concienciación e formación dirixidas á cidadanía que vive nos cascos urbanos de Silleda e Bandeira, localidades onde está xa prevista, a través do servicio municipal SILLEDA SOSTIBLE, a implantación dos chamados colectores marróns para a recollida da fracción orgánica.
Así pois, grazas a esta axuda, e co fin de garantir que toda a cidadanía colabore activamente neste novo proceso de selección de lixo, o Concello repartirá en todas as vivendas dos cascos urbanos, caldeiros para biorresiduos, bolsas e fundas compostables para a recollida da materia orgánica. Achegarase tamén información sobre que residuos se poden verter neles.
Publicidade
Ese mesmo mecanismo seguirase con grandes xeradores de biorresiduos do concello (tendas de alimentación, supermercados...) aos que tamén se lles entregarán caldeiros de maior capacidade. Asimesmo, cando a cidadanía e os grandes xeradores dispoñan dos
medios e da formación na selección e xestión en orixe da fracción orgánica dos residuos, instalaranse os 50 colectores marróns previstos para os cascos urbanos polo Servicio Municipal de Recollida de Lixo SILLEDA SOSTIBLE, permitindo así realizar o servizo de recollida e tratamento de residuos de xeito máis eficiente.
Ademais, a subvención concedida permitirá o lanzamento dunha campaña de comunicación en todo o municipio, coa que se pretende aumentar a sensibilización, formación e concienciación sobre a problemática dos residuos en xeral e dos residuos orgánicos en particular, formando e instruíndo aos usuarios no funcionamento e posibilidades do sistema de recollida selectiva de residuos orgánicos.
Publicidade
Composteiros no rural
Mentres que nos cascos se prantexa esta nova campaña, no rural continúa aberta a entrega de composteiros individuais para o tratamento da fracción orgánica para seguir na senda iniciada no 2019. Neste momento no rural silledense están rexistrados e en funcionamento 300 composteiros domésticos individuais, instalados grazas as axudas recibidas por Sogama, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e a
As e os cidadáns interesados en contar cun composteiro gratuíto, poden reservalo
chamando ao número de teléfono 900 909 744.
Comments