top of page

Silleda despide as delegacións de Canéjan e Poggio Mirteto

Na xornada do mércores celebrouse a cea de despedida que pon final ás actividades que se realizaron con motivo do intercambio cultural cos pobos cos que Silleda está irmandada


Laura Moure/Silleda

Silleda vén de despedir ás delegacións dos pobos irmáns de Canejan (Francia) e Poggio Mirteto (Italiza). Dende o día 24 de agosto ata o día 30, realizáronse diferentes actividades e saídas nas que se visitaron lugares emblemáticos de Silleda e do resto da comarca do Deza. No acto de despedida que se levou a cabo no Centro Social de Cortegada, o alcalde do Concello de Silleda, Manuel Cuiña, no seu discurso agradeceu o traballo que realizou o Comité de Irmandamento (COXESI) e a amabilidade das familias que acolleron ás persoas participantes neste programa de intercambio cultural.

Tamén lembrou que a relación con Francia e Italia comezou no 2016 e apelou á necesidade de colaborar noutros ámbitos como por exemplo a xestión sostible, promoción e dinamización do turismo. Ademais neste acto, a concelleira de Urbanismo de Canéjan, Corine Hanras, no seu discurso puxo en valor os irmandamentos como ferramenta útil para manter a cultura e os valores europeos nos momentos actuais de incertidume.


Tamén interviñeron os tres presidentes do Comité do Irmandamento: Belén Calvo, presidenta de COXESI, comité anfitrión deste ano; Lanfranco Santini, representando a Italia; e por último, Daniele Antoniazzi, de Canéjan.


Publicidade

Na cea de despedida, puídose desfrutar da paella de Cortegada, ademais da actuación e mostra de baile tradicional galego por parte do grupo Xirandola. Asimesmo, a charanga Os Empanaos animou a velada con música en directo. Este acto de despedida pon fin á programación de actividades deste intercambio cultural, que estivo baseado en dar a coñecer o patrimonio histórico e natural e a gastronomía de Silleda.


Desta maneira, o venres 25 realizouse unha excursión a Ourense para visitar a súa Catedral, o Casco Histórico e As Burgas. Ás 20:00 horas, na Praza Siñor Afranio de Silleda, tivo lugar o concerto que ofreceu a Banda de Música Municipal de Silleda.


O sábado 26 foi o día en familia, no que se visitou o Museo do Campo e a Mecanización. O xantar fíxose na Carballeira de Siador e pola tarde, o grupo Xirandola impartiu un obradoiro de música tradicional.


Publicidade

O domingo 27, foi o día no que se coñeceu a Fervenza do Toxa e o conxunto Histórico-Relixioso de Abades. O xantar dese día foi en Ansemil- Martixe, na que se degustaron callos e panceta, cociñados pola Asociación Veciñal de Ansemil-Martixe e pola Asociación Cultural O Cruceiro de Breixa. Pola tarde, visitouse o mosteiro de Carboeiro, onde o grupo de acordeóns da Escola de Música de Silleda, as pandereteiras As Ferreñas de Cortegada e Xirandola amenizaron con música esta visita ao cenobio.


O luns 28 fíxose unha ruta pola comarca do Deza para visitar o Pazo de Liñares, o Muiño Cuiña, o Pazo Anzuxao e Castro Deza.


Na xornada do martes 29 realizouse unha saída a Santiago de Compostela, onde o grupo de intercambio tivo o día libre nesta cidade.


Por último, o mércores 30 visitáronse os murais do programa Mulleres de Extramuros en Cortegada e as instalación de Trasdeza Natur.


0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page