top of page

Silleda dará conta o luns en comisión de actuacións e servizos por valor de case 7 millóns de euros

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Abordará a contratación da obra do novo consistorio, o proxecto de mellora viaria no

rural do Plan Concellos e o contrato de recollida de residuos e xestión do Punto Limpo


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda abordará este luns día 16 a dación de conta de investimentos e servizos por un importe total de case sete millóns de euros. Será na Comisión Especial de Contas e Informativa de Economía, na que figuran varios puntos na orde do día.


O primeiro deles é a aprobación do proxecto de afirmado de camiños municipais do Plan Concellos 2022-23, por importe de 1.248.132 euros. O proxecto, que permitirá a mellora integral dunha vintena de pistas no rural, conta xa con todos os informes sectoriais precisos para executar a obra. Unha vez aprobado, iniciarase o proceso de contratación.

Outra das obras dase que se dará conta na citada comisión, é a reforma da actual Casa da Cultura da rúa Progreso como futura Casa Consistorial, unha das actuacións máis destacadas da lexislatura para a que se iniciou hai varias semanas o proceso de contratación. Das seis ofertas presentadas, a mellor foi a da UTE Orega –Coviastec, cun importe de 1.628.012 euros.


Por último, na comisión tamén se procederá a a abordar o contrato do servizo de recollida e transporte de Residuos Sólidos Urbanos e a xestión do Punto Limpo.


O proceso veuse retrasando ao ter que resolverse nos tribunais administrativos un recurso presentado ao dictame da Mesa de Contratación. A empresa proposta inicialmente, a UTE Geseco-Taboada y Ramos, acudiu ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL), despois de que un informe xurídico determinara que unha das empresas non tiña no seu obxecto social o ámbito da actividade a contratar. Finamente, dito tribunal deulle a razón á empresa, polo que a proposta da mesa pasa por adxudicar á UTE Geseco-Taboada y Ramos o servizo por un importe de 357.350 euros ao ano, durante un prazo máximo de 10 anos.

A Xunta de Goberno Local será o órgano que adxudique estas actuacións na súa vindeira sesión. O alcalde de Silleda e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña, destaca que na sesión “sairán adiante destacadas inversións para Silleda así coma o servizo de recollida de lixo, cas que se seguirán mellorando servizos e infraestrutruras para a veciñanza de Silleda”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page