top of page

Silleda convoca a primeira reunión coa veciñanza para a creación da Comunidade Enerxética

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este Concello convoca unha praza para un posto de administrativo con creación de

bolsa de emprego


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa avanzando no seu plan de acción para a creación da primeira Comunidade Enerxética da Comarca do Deza a través do Programa Europeo EC4RURAL. Unha vez finalizada a fase de consultas a través de enquisas, comeza unha

segunda fase para xerar o necesario compromiso social e a creación de redes de colaboración, xa que “para o éxito desta comunidade a participación activa, tanto de colectivos, empresas como de particulares, é imprescindible” di a alcaldesa, Paula Fernández Pena.

Para isto, dende o Concello promoverase a celebración de tres reunións, dirixidas a Colectivos Sociais, PEMES e particulares, e que terán como fin último a creación dun Grupo Tractor (GT), que será quen dirixa os seguintes pasos, sempre co apoio e acompañamento do EC4RURAL e coa participación do Concello, que tamén formará parte da Comunidade Enerxética achegando cubertas para a súa instalación. “Temos que crear unha organización sen ánimo de lucro, comprometida co medio ambiente que xerará enerxía buscando o beneficio social dos participantes” di Paula Fernández.


En total celebraranse tres reunións entre marzo e agosto. A primeira destas, terá lugar o vindeiro luns 25 de marzo ás 20:00 horas na Casa do Concello. Resolveranse todas as dúbidas vinculadas á implantación desta Comunidade Enerxética, explicarase o seu funcionamento e o que significará pasar de ser persoa consumidora a ser tamén produtora de enerxía. Dende o Concello convídase a todas as persoas interesadas a que se inscriban, para participar, no número de teléfono 986 180 572.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O Concello de Silleda participa, xunto con outros 20 concellos de Galicia, Bélxica e Estonia no Proxecto EC4RURAL co que se pretende por en marcha a que sería a primeira Comunidade Enerxética da Comarca do Deza.


EC4RURAL é un proxecto europeo que, cun orzamento total de 1,60 millóns para o período 2023-2027, pretende contribuír á transición cara o consumo consciente de enerxías limpas, garantindo que as zonas rurais non quedar atrás nun cambio de modelo esencial no escenario climático actual. A Universidade de Vigo lidera este consorcio multidisciplinar formado por concellos de España, Bélxica e Estonia. En Galicia tamén participan a FEGAMP, a cooperativa Sapiens Energía, Unión EspazoCoop de Cooperativas Galegas e a Fundación Juana de Vega.


Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicou este xoves a convocatoria do Concello de Silleda do proceso de selección dunha persoa como administrativa , en réxime de funcionario/a interino/a e a creación dunha bolsa de emprego.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O proceso levarase a cabo mediante sistema de oposición (exame). Para participar no proceso establécense 5 días hábiles contados a partir de hoxe, 15 de marzo, co que o prazo rematará o vindeiro xoves 21. As solicitudes deben realizarse ou ben no Rexistro municipal ou por Sede Electrónica.


As bases reguladoras do procedemento están publicadas, xunto coa convocatoria e o formulario de inscripción na web municipal www.silleda.gal e poden consultarse tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica.


Ademais da selección, abrirase unha bolsa de emprego que servirá no caso de precisarse novas contratacións por incapacidades temporais ou outras necesidades do servizo.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page