Silleda convoca á veciñanza o 2 de maio para comezar co plan estratéxico da Axenda 2030
- Laura Moure
- 23 abr 2024
- 2 Min. de lectura
"Querémoslle dar voz á veciñanza para conseguir que Silleda sexa máis sostible e inclusiva”, sinala a alcaldesa
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda comezará no vindeiro mes de maio a desenvolver o Plan Estratéxico de Localización e Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 que establecerá a folla de ruta a seguir para acadar os obxectivos aprobados na ONU en favor do desenvolvemento sostible. O goberno municipal quere facer esta transformación da man de toda a veciñanza, por iso convida aos representantes de todos os colectivos sociais e económicos do municipio á reunión de presentación que se celebrará o 2 de maio no salón de actos da casa do Concello a partir das 21.00 horas.
“Querémoslle dar voz á veciñanza para que, coa súa conciencia xeradora de transformacións, nos permitan acadar en Silleda un desenvolvemento máis sostible e
inclusivo”, asegura a alcaldesa, Paula Fernández Pena, quen lembra que Silleda conseguíu o ano pasado unha subvención de 57.345 euros do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para a elaboración da Axenda 2030. “Fomos o único concello galego que obtivo esta axuda, en concorrencia competitiva, entre as 629 solicitudes presentadas”.

“Dende un concello como o noso podemos facer moitos cambios para mellorar a calidade
de vida da cidadanía e acadar os ODS aprobados pola ONU, contribuíndo a un
desenvolvemento máis sostible”, asegura Fernández, que invita a toda a veciñanza a
participar en todas as reunións que se celebren para desenvolver a Axenda 2030.
Como resultado da elaboración do plan estratéxico, obterase unha ferramenta para
planificar as estratexias a levar a cabo, en coherencia co diagnóstico realizado a nivel
local. Estableceranse as políticas e accións a seguir para incorporar os ODS a todos os
ámbitos, detallando compromisos, medios que se usarán e unha programación concreta
para despregar en Silleda a Axenda 2030, favorecendo cuestións como a loita contra o
cambio climático, a transición cara a economías baixas en carbono, a eficiencia
enerxética, a economía circular e a aposta por unha sociedade máis igualitaria, entre
outras.
Publicidade
A Axenda 2030 de Silleda será unha axenda para o desenvolvemento global, pero partindo
da realidade local, contextualizando os ODS no municipio, para poder avanzar na súa
consecuencia de abaixo cara a arriba. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar os
contratos para a redacción do Plan de Acción, definición e implementación dun sistema de
monitorización, seguimento e avaliación da Axenda 2030 e o do plan de comunicación.
Estas actuacións continúan na liña marcada polo goberno de Silleda para favorecer un
desenvolvemento sostible, como a adhesión do Concello á Rede de Entidades Locais (en
2020) ou como a pioneira rede de calor con biomasa implantada en 2018 en varias
instalacións municipais con enerxía máis limpa e sustentable.
Kommentare