top of page

Silleda contratará a 7 persoas como operarias no Concello a través do programa Máis Provincia

Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de 9 meses a través do programa da Deputación de Pontevedra


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda contará cun total de 7 persoas como novas operarias por un periodo de 9 meses. Esta contratación levarase a cabo a través da Liña 3 do programa Máis Provincia, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego. Para este exercicio, a oferta inclúe 1 praza de condutor/a e a contratación doutras 6 persoas como operarios/as para distintos departamentos, para a realización de tarefas vinculadas ao plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais do ano en curso.

Estes foron os postos solicitados polo Concello de Silleda a través deste plan dentro da chamada liña 3. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos nos vindeiros meses.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A selección realizarase ao igual que se vén facendo nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, (Oficina de Emprego), que enviará aos candidatos/as para realizar despois no Concello un concurso de méritos e entrevistas. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Unha vez remitida a través da Oficina de Emprego a lista de persoas candidatas, procederase a realización das probas estipuladas nas bases.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Dende o goberno municipal destácase que un ano máis Silleda volve contar con personal a través deste programa, unha medida que ademais de contribuir a creación de emprego no municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos á veciñanza.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page