top of page

Silleda contrata tres novas obras de mellora viaria nas parroquias de Piñeiro, Abades e Manduas

Os traballos, cun investimento conxunto de máis de 206.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas unha vez aprobado o plan de seguridade


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de contratar tres novas obras de mellora viaria nas parroquias de Piñeiro, Abades e Manduas, cun investimento global de máis de 206.000 euros. As actuacións financiaranse con cargo ao crédito extraordinario de 1.750.000 euros aprobado por unanimidade da corporación municipal no pasado pleno.


Os proxectos foron redactados polo enxeñeiro Emilio Quintáns Pérez, da empresa Imbolc IT, e foron adxudicados á empresa Taboada y Ramos S.L. Os traballos darán comezo nas vindeiras semanas, unha vez aprobado o correspondente plan de seguridade e saúde.

Foto de arquivo de unhas obras en xeral.
Foto de arquivo de unhas obras en xeral.

A primeira das actuacións terá lugar na parroquia de Piñeiro, cun orzamento de licitación de 117.961 euros e un prazo de execución de tres meses. Os traballos desenvolveranse nos lugares de O Campo, Besteiros e Cuiña, cunha lonxitude total de aproximadamente 1,9 quilómetros.


A segunda obra realizarase en Abades, cun investimento de 58.019,10 euros e un prazo estimado de dous meses. Nesta intervención actuarase nos lugares de A Bouza e Bazar, ao longo de 700 metros. Inclúe, ademais, a preparación dunha subbase de zahorra nun ramal de 235 metros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A terceira actuación terá lugar na parroquia de Manduas, no lugar de Bravíl, cun orzamento de 30.248,71 euros, tamén cun prazo de execución de dous meses, e

cunha lonxitude aproximada de 600 metros.


En todos os casos, os traballos inclúen limpeza de cunetas, rega asfáltica de adherencia e pavimentación con formigón bituminoso en quente. Como mellora ofertada pola empresa adxudicataria, inclúese tamén a regularización previa da base e a instalación de elementos de suxeición de aceiro para os colectores de lixo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Obras en marcha e outras licitacións en viarios

Logo de terse executado xa o asfaltado en Toxa e Costela, está previsto o inicio inmediato do asfaltado en Toiriz. A continuación, asfaltarase o núcleo de Xestoso onde a día de hoxe estanse a facer traballos de limpeza. Unha vez rematados os asfaltados iniciaranse os traballos de formigonado nas cunetas en nos tramos de viario onde se vai a utilizar formigón armado.


Asemade nas parroquias de Cira, Dornelas e Ponte a espera de conseguir as autorizaciones preceptivas para poder finalizar as contratacións. Con estas actuacións, o Concello continúa coa súa programación de melloras na rede viaria municipal, dando resposta ás demandas veciñais e contribuíndo a mellorar a seguridade e accesibilidade nos núcleos rurais do municipio.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page