top of page

Silleda continúa o calendario de limpeza de rúas nos cascos e mellora de accesos a explotacións no rural

Operarios de limpeza viaria realizan estes días a retirada de herbas no tramo de Pintor Colmeiro, onde tamén se recolocarán alcorques, e o martes lavarase a rúa Venezuela



Laura Moure/Silleda

Os equipos de Obras e Servizos e de Xestión Urbana continúan estes días con varias accións tanto nos cascos urbanos como no rural de Silleda. Así estanse a rematar estes días os traballos de limpeza na rúa Pintor Colmeiro, onde as traballadoras de limpeza viaria retiraron xa as herbas das beirarrúas para proceder despois á limpeza integral das mesmas. Tamén neste tramos se repararán e substituirán alcorques das árbores que presentaban deficiencias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, no tocante ao calendario de lavado de beirarrúas, despois do tramo de Alfonso Trabazo os traballos continuarán a vindeira semana na rúa Venezuela. Seguindo co mesmo esquema, nos días previos colocaránse vallas cos correspondentes avisos a fin de buscar a colaboración da veciñanza á hora de evitar o estacionamento no tramo durante os traballos para facilitar os mesmos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, o equipo de Vías e Obras estivo na xornada de onte traballando no lugar de Regalade para mellorar o acceso a explotacións neste lugar situado entre as parroquias de Oleiros e Cortegada.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page