top of page

Silleda continúa en 2025 co programa “(In) visibles: doce meses, doce mulleres”

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Eva García Bibián, empresaria e docente de Márketing, abre unha nova edición do programa neste mes de xaneiro, coincidindo co Día Internacional do Comunity Manager


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento de Igualdade, dirixido por Ángela Troitiño, vén de poñer en marcha unha nova edición do programa (In) Visibles: doce meses, doce mulleres, unha iniciativa que arrancou hai agora un ano para visibilizar a pegada e o legado que deixaron e deixan as mulleres na sociedade silledense. Para iso, cada mes deste ano, ao igual que aconteceu en 2024, nas redes sociais do concello e tamén na web municipal, publicarase unha fotografía e breve biografía dunha muller do municipio, que destaque por algún aspecto da súa historia vital, sexa a nivel persoal ou laboral.

(IN)VISIBLES: DOCE MESES, DOCE MULLERES arranca novamente este xaneiro con Eva García Bibián, emprendedora e docente de Márketing, á que se destaca no Día Internacional do Community Manager. Natural de Cervaña, tras rematar os seus estudos de posgrado en Marketing Estratéxico e Dixital, decidiu apostar  polo emprendemento. Hai xa oito anos, Eva fundou, coas súas dúas socias, a súa propia axencia de marketing en Silleda (Hydra) demostrando que a innovación e o emprendemento son posibles dende calquera recuncho de Galicia.  Hoxe en día, as oficinas da súa axencia contan cun equipo de sete mulleres comprometidas e talentosas. 


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais da súa faceta como empresaria, Eva compaxina a dirección da súa axencia coa docencia universitaria, impartindo formación en marketing nas universidades de A Coruña e Vigo.  Consciente da importancia da formación continua, está tamén a cursar un Máster en Neuromarketing, disciplina na que xa ten impartido varias ponencias, incluíndo unha destacada intervención no Congreso Internacional de Neuromarketing en Madrid.


Ademais, ca súa implicación co rural e coa figura da muller na sociedade, está a fundar unha Asociación para a Dixitalización da Muller Rural, Enredeiras, asociación coa que moi pronto comezará a traballar.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page