top of page

Silleda continúa co programa 'Info Consumo' cunha nova sesión sobre luz e gas

Esta terceira charla, terá lugar o venres día 1 ás 18:30 horas na Casa da Xuventude


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Promoción Económica, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, está a desenvolver a campaña Infoconsumo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O venres 1 de marzo ás 18:30 horas, de novo na Casa da Xuventude, vai ter lugar a xornada informativa sobre “Servizos no fogar: luz e gas”. Tanto esta charla coma as posteriores xornadas están abertas á cidadanía en xeral.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Co obxectivo de dispoñer de información en materia de consumo e coñecer os nosos dereitos para reducir os riscos de vulnerabilidade, haberá charlas nas que se asesorará á poboación silledense (mocidade, maiores, mulleres comerciantes…) de diferentes temas de interese.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Deste xeito, nas seguintes falarase dos Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar; e Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas, dixitalización dos servizos…


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page