top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda continúa a mellorar a seguridade viaria nas pistas do rural

Nos últimos días colocáronse biondas en estradas de Moalde e Negreiros e tamén espellos en varios cruces para reforzar a visibilidade


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda segue a mellorar e reforzar a seguridade viaria nas pistas do rural. Así, nas últimas semanas procedeuse á colocación de varios tramos de biondas en distintos puntos, ante a existencia de desniveis pronunciados nas estradas.

Estas barreiras quitamedos foron instalados na parroquia de Moalde, na pista que une esta localidade ca da Bandeira, e tamén na de Negreiros, no lugar de Riocalvo, nun viario paralelo á Nacional Santiago-Ourense. A súa colocación veu dada para reforzar a seguridade evitando situacións de perigo.


Publicidade

Ademais destas barreiras, tamén se procedeu á colocación doutros elementos de seguridade viaria como espellos en varias interseccións, en localidades como Rellas, Oleiros e Saídres, onde previo informe policial (ao igual que no caso das biondas anteriores) se optou por esta medida para mellorar a visibilidade das persoas condutoras.


Publicidade

Estes elementos foron adquiridos polo Concello de Silleda con cargo aos remantentes de anos anteriores da cantidade que lle corresponde á entidade do Plan Máis Provincia da Deputación.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page