top of page

Silleda contará cunha ludoteca de Nadal con actividades nas dúas vilas polas mañás

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As actividades para nenos e nenas de Infantil e Primaria serán na Casa da Xuventude e no

Auditorio Dopazo do 22 de decembro ao 7 de xaneiro en horario de 09:00 a 14:00 horas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda organiza nas vacacións de Nadal unha ludoteca, en horario de mañá, para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. Esta iniciativa será unha das novidades da programación de Nadal do Concello de Silleda que se está a pechar e se dará a coñecer nos vindeiros días.

A ludoteca, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, contará con actividades en Silleda e na Bandeira, todos os días dende o 22 de decembro ao 7 de xaneiro (agás o 6 de xaneiro). Ofértanse 20 prazas en cada localidade, sendo o centro de actividades a Casa da Xuventude en Silleda e o auditorio Manuel Dopazo na Bandeira.


O custe deste servizo é de 55 euros (45 euros no caso da asistencia do segundo irmán/á ou sucesivos). O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns día 15 e extenderase ata o 26 deste mes. As persoas que desexen participar deben de cubrir o modelo normalizado de inscrición dispoñible no Rexistro municipal ou facelo a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 592037. As prazas asignaránse por orde de inscrición.


Trátase de actividades que, á marxe do campamento de Nadal do Servizo Lúdico (que xa ten todas as prazas cubertas) , fomentarán a participación e a creatividade dos nenos e nenas participantes, ofertando ao mesmo tempo unha alternativa de conciliación.


Magosto hoxe

Por outra banda, hoxe, xoves, haberá magosto no CEIP Plurilingüe de Silleda realizado pola asociación O Cruceiro de Breixa, entidade organizadora da Festa da Castaña nesta parroquia. "Dende o Concello de Silleda queremos agradecer a colaboración desta entidade na celebración, nunha xornada que se desenvolverá este xoves, día 11, a partir das 10:00 horas e na que a comunidade escolar poderá observar o proceso de realización dun magosto en directo, grazas á labor da veciñanza de Breixa".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page