top of page

Silleda contará con nove novos operarios a partir de abril

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 16 feb 2021

Estas contratacións levaranse a cabo a través do Plan Concellos da Deputación

Un operario nunha obra en Silleda. Foto: Concello Silleda


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda contará con nove novos operarios por un periodo de nove meses, dende o 1 de abril e ata o 31 de decembro. Estas novas contratacións levaranse a cabo a través da Liña 3 do programa Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego.


Así para este exercicio, cunha oferta que inclúe un total de nove postos: un/unha administrativo/a para servizos xerais; catro peóns de obras públicas e outros catro varredores/as. Estes foron os postos solicitados polo Concello de Silleda a través deste plan dentro da chamada liña 3. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos e tamén ao apoio –no caso do posto de administrativo- aos servizos xerais do Concello.


A selección do personal farase ao igual que se vén realizando nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, (Oficina de Emprego), que enviará aos candidatos para realizar despois no Concello un concurso de méritos e entrevistas. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais. Estas contratacións supoñen unha inversión de algo máis de 178 .000 euros, que se financiarán a través da citada liña do Plan Concellos. “Un ano máis volvemos a contar con personal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuír á creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos aos nosos veciños”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.


Ademais das contratacións dende o Concello de Silleda estanse a levar a cabo distintas iniciativas relacionadas coa promoción do emprego como Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego , que xa axudou a preto de 40 veciños e veciñas do municipio a iniciar a súa andaina a nivel laboral con novos proxectos de emprendemento.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page