Este venres abriuse ao público o estacionamento na mazá de Progreso, Morón e Condes do Deza, con 60 prazas que se suman ás 40 creadas na Condes do Deza
Laura Moure/Silleda
A veciñanza de Silleda e as persoas visitantes dispoñen xa dun novo párking público e gratuíto na céntrica mazá formada polas rúas Morón, Progreso e Condes do Deza. Esta dotación foi posible grazas ao convenio asinado ca propiedade dos terreos –a empresa Fernández Sarmiento S.A - que cedeu a parcela parahabilitar o estacionamento. “Hoxe é un gran día para Silleda, porque estrenamos un novo servizo que virá a aumentar sustancialmente o espazo de estacionamento na capital municipal”, indicou o alcalde, Manuel Cuiña, reiterando o agradecemento “en nome de todos os veciños e veciñas de Silleda á familia Fernández Sarmiento propietaria dos terreos”.
Conta con 60 prazas que se suman ás outras 40 gañadas co estacionamento en batería nas dúas marxes de Condes do Deza. Nos vindeiros días colocarase a cartelería e sinais pertinentes e tamén está previsto dotar a zona de puntos de iluminación para mellorar o servizo das persoas usuarias. A entrada ao novo párking realízase polo tramo de Morón.
Cláusula
Os traballos de adecuación deste novo espazo de uso público iniciáronse o pasado mes de agosto. No caso deste convenio, ao ter que realizar un investimento de 25.000 euros para que se puidese acondicionar como aparcamento, o acordo ca familia propietaria inclúe unha cláusula relativa á amortización deste investimento.
Así, no caso de que o acordo se rescindira antes de trancorridos dous anos (tempo calculado para amortizar o investimento público tendo en conta o volumen de vehículos usuarios), a propiedade terían que indemnizar ao Concello.
Este acordo súmase a outros asinados con particulares en Silleda nos últimos anos, caso da rúa Cartaxena e a rúa María Colmeiro, nos que tamén se levaron a cabo distintas obras para a súa adecuación como estacionamento.
Este novo estacionamento, ademais de convertirse nunha bolsa de aparcamento importante no centro da vila, tamén virá a reforzar o espazo de estacionamento durante a execución da humanización da rúa Progreso. Dende o Concello de Silleda, o alcalde agradece en nome de toda a veciñanza á entidade propietaria desta parcela e a todas as familias que cederon no seu día terreos para uso público a súa disposición e xenerosidade.
Comments