top of page

Silleda conclúe o proceso de autorización das atraccións reforzando a seguridade e o control


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de concluír o proceso de revisión e autorización das atraccións das Festas de Verán 2025, tras analizar a documentación técnica achegada polas persoas titulares e garantir que todas cumpren coa normativa vixente. A prioridade foi en todo momento a seguridade da veciñanza e das persoas usuarias.

As atraccións de Silleda. Autor: Ecos da Comarca
As atraccións de Silleda. Autor: Ecos da Comarca

Durante a xornada do xoves detectáronse deficiencias documentais nalgunhas atraccións, polo que ningunha delas chegou a poñerse en funcionamento na primeira xornada festiva, adoptándose medidas preventivas e concedéndose un prazo extraordinario de 15 horas para que as persoas responsables puidesen achegar a documentación pendente.


Unha vez revisada onte a documentación complementaria, e segundo o informe da entidade técnica de control, foron finalmente autorizadas tres atraccións máis tras subsanar os erros. Outras tres non puideron ser autorizadas: unha delas por non achegar ningún documento nin estar instalada, e outras dúas por manter deficiencias na presentación de documentos, conforme á legalidade vixente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As atraccións que non foron autorizadas corresponden a instalacións de pequena entidade. O decreto municipal establece que estas non poderán instalarse ou, no caso de estaren xa montadas, deberán ser retiradas no prazo máximo de 12 horas, quedando prohibido o seu uso. Pola contra, todas as atraccións de maior envergadura foron autorizadas xa na primeira xornada con carácter definitivo.


En total autorizáronse 13 atraccións ás que se suman diversas casetas e postos de venda no entorno da rúa Pintor Colmeiro onde se desenvolven os festexos ata o domingo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, subliña que “actuamos con responsabilidade, non se puxo en marcha ningunha atracción sen documentación completa e demos marxe para facilitar a súa regularización. As festas contan coas garantías técnicas necesarias para o desfrute con tranquilidade por parte de toda a cidadanía”.


O Concello agradece a colaboración das persoas responsables das atraccións, así como do persoal técnico, da comisión de festas e da Policía Local, e reafirma o seu compromiso cunhas festas seguras, ordenadas e accesibles para todos os públicos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page