top of page

Silleda comeza a executar o seu Plan de Xestión de Colonias Felinas coa captura dos gatos das rúas

O Concello xa conta ca colaboración de catro persoas voluntarias e o prazo para colaborar continúa aberto


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda comezou este mércores a desenvolver o Plan de Xestión de Colonias Felinas, impulsado polo goberno municipal, coa captura, esterilización e posterior

retorno dos gatos rueiros. Estase aplicando o método CER, que axuda a controlar a poboación dos gatos nas rúas. Faise así un control sanitario das colonias felinas ao tempo

que, grazas á esterilización de polo menos un 75 dos integrantes, se estabiliza a poboación de gatos nas rúas para que vaia diminuíndo e mesmo quede erradicada.

En concreto, o Concello de Silleda está seguindo un plan de actuación que comeza coa captura dos gatos para proceder a desparasitalos e vacinalos, esterilizalos e identificalos,

antes de devolvelos ao seu territorio de orixe, que estará limpo e desinfectado. Unha vez alí, serán alimentados e vixilados coa fin de facer un seguemento.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Os beneficios deste método de colonias felinas tradúcese nun descenso de enfermidades

infecciosas, a hixienización da zona e a diminución progresiva de membros da colonia. Ademais, tamén se demostrou que a esterilización dos machos evita desprazamentos para

buscar parella e, con eles, o perigo de accidentes e atropelos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Reunión cas persoas voluntarias

O Concello de Silleda continúa a solicitar a colaboración da veciñanza para levar a cabo as distintas accións contempladas no plan. A día de hoxe, a entidade local conta xa con 4

persoas que se inscribiron como voluntarias para participar na xestión de colonias felinas.


En vindeiras datas celebrarse unha reunión para establecer as pautas e procedementos a

seguir, toda vez que o proceso comezou a iniciarse con persoal municipal. A cada persoa ou grupo de persoas colaboradoras, se lles asignará o coidado dunha colonia e, entre as súas tarefas, estará a subministración dunha alimentación axeitada facilitada polo Concello, a limpeza periódica de comedeiros e bebedoiros e a comunicación co Concello

para dar conta de calquera incidencia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

As persoas ou asociacións interesadas en formar parte do programa deben cubrir o modelo de solicitude correspondente e presentalo de xeito presencial no Rexistro Xeral ou ben telemáticamente por sede electrónica. As persoas solicitantes pasarán a formar parte dunha listaxe de persoas colaboradoras autorizadas e recibirán un carné identificativo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page