top of page

Silleda celebra o Día do Libro ca sesión de contos pola Igualdade de Raquel Queizás

Actualizado: 14 abr 2021

Será o día 22 se o tempo o permite no xardín da biblioteca municipal e para asistir será necesario anotarse


Laura Moure/Silleda

O vindeiro xoves 22 voltará a Silleda Raquel Queizás, actriz, filóloga e contadora de historias, para conmemorar o Día do Libro. A cita, organizada dende a Concellería de Cultura, será ás 18:00 horas coa sesión Somos iguais, de contos pola igualdade. A actividade está dirixida ao público familiar e recomendase a partir dos catro anos. Se o tempo o permite celebrarase nos xardíns da biblioteca municipal Daniel Castelao e senón nas instalacións do centro.


A través de Queliña, unha nena á que lle gustan as historias e que quere ser aviadora, a narradora ourensá, guiará ao público polas vivendas de nenos, nenas… que rompen os estereotipos que abundan nos contos. Con este espectáculo, dirixido e protagonizado por Raquel Queizás, unha das narradoras máis recoñecidas do panorama galego, traballase cos contos como xeradores de empatía o fomento da igualdade.


Para asitir á sesión, tendo en conta a situación sociosanitaria, é preciso inscribirse chamando ao 986 581 028.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page