top of page

Silleda celebra o Día de Rosalía ca entrega de bolsas conmemorativas aos usuarios da biblioteca

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda volve celebrar o Día de Rosalía ca entrega de material promocional sobre a célebre escritora galega. Así, dende o vindeiro xoves 23, día no que se conmemora o nacemento da autora de Follas Novas, e ata o 28, todas as persoas usuarias da biblioteca pública municipal Daniel Castelao de Silleda recibirán como agasallo unha bolsa confeccionada con material reutilizado conmemorando o Día de Rosalía.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Esta iniciativa extenderase ata o vindeiro 28 deste mes de febreiro. Tamén na xornada do xoves o Centro Cultural Vista Alegre celebra a lectura pública de textos e poemas da escritora.



0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page