top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda celebra o día 15 de decembro a primeira xornada informativa sobre axudas a vivendas

Laura Moure/Silleda

O vindeiro xoves día 15 de decembro ás 20:00 horas, no salón parroquial de Silleda, celebrarase a primeira xornada inforativa organizada dende a Oficina Municipal de Vivenda para dar a coñecer de xeito xeralizado todas as axudas ás que poderá optar a veciñanza silledense a través do Plan de Transformación, Recuperación e Resilencia (Next Generation) así como do Plan Estatal de Vivienda 2022-2025.

Con esta primeira reunión, búscase que a veciñanza poida coñecer, dun xeito global, todas as alternativas as que poderán optar para a mellora enerxética e a accesibilidade das súas vivendas. Ademais tamén se ofrecerá información sobre a posibilidade de subvención para a redacción de proxectos, a consecución de préstamos bancarios, diferentes beneficios fiscais, así como para o aluguer e a compra de vivenda por parte da mocidade.


Esta xornada informativa é a primeira das accións que se desenvolverán dende a nova Oficina de Información de Axudas á Vivenda do Concello de Silleda, que empezará a

funcionar de xeito pesonalizado a partir do vindeiro lúns día 19. Lémbrase ademais que para garantir unha atención persoal, áxil e evitar esperas, estase xestionando xa cita previa para acudir a esta oficina, a través do número de teléfono 986 180 233.

Dende o departamento de Urbanismo, que dirixe Paula Fernández Pena, anímase a acudir a este evento xa que toda a veciñanza poderá optar a estas axudas, con independencia da parroquia na que está situada a vivenda ou o edificio plurifamiliar a rehabilitar. “É importante que aproveitemos esta inxección de recursos que chegan de Europa para mellorar o noso parque de vivendas”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.


Cabe lembrar que poderán optar a máis liñas de axudas aquelas edificacións que estean incluídas na Area de Rehabilitación Integral do Camiño de Santiago, e que corresponden ás edificacións situadas nas parroquias de Chapa, Cira, Dornelas, Lamela, Margaride, Manduas, Negreiros, Piñeiro, Rellas, Siador, Taboada e Silleda (esta última exclusivamente no trazado do Camiño).

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page