top of page

Silleda celebra as Letras Galegas cun conto de Xela Arias e coa entrega dun premio de narración

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A compañía de títeres Viravolta estreará tamén Menú de Refectorio o venres 14 na Casa da Cultura desta localidade


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Cultura, vén de programar distintas actividades para conmemorar o Día das Letras ao logo deste mes de maio. Así, o vindeiro venres día 14, ás 18:00 horas, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Silleda a estrea de Menú de Refectorio, o novo espectáculo de Viravolta Títeres. Este espectáculo familiar está baseado en textos da obra O Conde de Lucanor, do Infante Don Juan Manuel e no Decameron de Giovanni Bocaccio.

A Casa da Cultura de Silleda.

O sábado 15, tamén no salón de actos da Casa da Cultura, terá lugar ás 12:00 horas a entrega do premio Modesto R. Figueiredo de narración curta, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro este ano ca colaboración do Concello de Silleda. Adolfo Caamaño, gañador desta edición; Antonio Piñeiro e Esteban Brea, que acadaron senllos aceses, recollerán os galardóns neste acto, no que tamén se celebrará un recital poético con dúas autoras locais: Sara Villar Aira e Carmen Castro Dapena, que lerán creacións propias ademais de poemas de Xela Arias. A nota musical chegará da man dun cuarteto de corda da Escola Municipal de Música de Silleda.


O mércores 19 a programación continuará para o público máis novo, cunha dobre sesión (en Silleda e na Bandeira) que repasará a vida e obra de Xela Arias a través dun conto ilustrado da man de Polo Correo do Vento, colectivo especialidado en actividades para os máis cativos co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos. Baixo o lema Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola lingua, os integrantes do grupo Enrique Mauricio e Carlos Taboada, ofrecerán dúas funcións na tarde do mércores, unha no Centro Cultural Vista Alegre (17:00 horas) da Bandeira e outra no salón de actos da Casa da Cultura de Silleda ás 18:30 horas.


Debido á situación sociosanitaria para asistir a estas actividades será preciso anotarse previamente, a fin de cumprir cas limitacións de aforo establecidas. As persoas interasadas deben chamar ao 986 580 000 (preguntando polo departamento de Cultura).



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page