top of page

Silleda Camiña volta cunha edición especial biosaudable en colaboración co centro de saúde

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A iniciativa forma parte dunha campaña de concienciación promovida polo ambulatorio, que incluirá formación en alimentación saudable impartida pola nutricionista do centro


Laura Moure/Silleda

O programa Silleda Camiña, posto en marcha polo Concello de Silleda en 2021 volta este mes cunha edición especial. Así, en colaboración co Centro de Saúde de Silleda promoveránse este ano as andainas biosaudables, abertas a todo o público e dun xeito especial a persoas que queiran mellorar  o seu estado de saúde.

Así, ao inicio e ao remate  do programa, o persoal sanitario do centro silledense tomará ás persoas participantes –de xeito voluntario-parámetros antropométricos e constantes, e realizaráselles un cuestionario sobre alimentación. Ademais, o persoal sanitario tomará a

tensión previa en parte das andainas, a celebrar os martes e xoves dende o vindeiro 25 de abril.


Tamén nesta primeira xornada haberá unha sesión informativa sobre alimentación e hábitos de vida saudable que impartirá a nutricionista do centro silledense. As rutas biosaudables partirán os martes e xoves ás 10:00 horas dende o pavillón de Silleda, con percorridos adaptados e cun plan individual de mellora. Todas as persoas que desexen participar deben anotarse no propio Centro de Saúde de Silleda ou no Centro Social

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

En días pasados a concelleira de Sanidade, Ángela Troitiño, mantivo un encontro co persoal do centro para establecer as liñas de colaboración nesta iniciativa, no marco dunha campaña máis ampla para promover hábitos de vida saudable entre a poboación.

Así, está tamén previsto que nas vindeiras semanas se celebre unha xuntanza cos responsables de establecementos de hostalería para estudiar a posibilidade de ofertar nos menús semanais comida sen sal, a fin de reducir os niveis de hipertensión arterial e outras doenzas entre a poboación.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Silleda Camiña, que arrancou na primavera de 2021 dende o departamento de Deportes e Turismo, para fomentar hábitos saudables, os desprazamentos a pé e tamén o coñecemento de espazos turísticos, volta así cunha edición especial ca mellora da saúde como gran obxectivo.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page