top of page

Silleda cambiará todo o alumeado público a LED co novo contrato de servizo e mantemento

Sae a concurso por 9,3 millóns de euros por un prazo de 14 anos


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Goberno Local do Concello de Silleda aprobou onte a contratación do mantemento integral e renovación do alumeado público, que sairá a concurso nos vindeiros días por importe de 9.325.000 euros, por un prazo de 14 anos. Este contrato mixto, de obras e subministro, xa foi debatido no seu día no Pleno da Corporación, e tamén se someteu a dictame da comisión informativa.

O contrato publicarase tanto na Plataforma de Contratación do Estado como no Diario Oficial da Unión Europea, e inclue entre outros a renovación de todo o alumeado público do municipio de Silleda a LED. Ademais da mellora que suporá a substitución de todas as luminarias, o contrato, a razón de 600.000 euros ao ano, tamén implicará un aforro para as arcas municipais.

Tamén se cambiarán cuadros e se reporán tramos de cableados en zonas onde están máis deterioradas. “Outra das melloras pasar por un aumento de calidade no servizo, ao detectarse de xeito automático as avarías no alumeado, sen ter quer avisar como facía ata o de agora a veciñanza”, indica o alcalde Manuel Cuiña.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page