top of page

Silleda, beneficiario de axudas con cargo a remanentes da Deputación para o subministro de distintos materais

Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda resultou beneficiario das axudas das dúas anualidades de subvención con cargo aos remanentes do Plan de Obras e Servizos Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra.

Estas dúas axudas, que suman máis de 22.000 euros, destinaránse a adquisición de distintos equipamentos. Así, na anualidade de 2022, a subvención  foi por importe de 12.116,66 euros, que se destinaron á adquisición de subministracións de sinais de tráfico e barreiras de seguridade para as parroquias de Negreiros e Moalde, xa instaladas en puntos de viais de titularidade municipal. No caso das sinais de tráfico, utilízanse para colocar nos dous cascos urbanos, reorganizando a sinalización existente e mellorando tamén a sinalización dos pasos peonís.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No tocante á anualidade de 2023, a subvención polos remanentes dos fondos que lle corresponden a Silleda do Plan Concellos foi por importe de 10.515,11€. Estes destinaranse á adquisición de material informático, entre eles con novos equipos para a Biblioteca Municipal Daniel Castelao, materiais de obra e equipamentos deportivos, como as redes exteriores do campo de fútbol de Mularedos, en Lamela.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page