top of page

Silleda aprobará esta semana a contratación da reforma integral da Escola de Música

O proxecto técnico, aprobado o pasado mes de decembro, conta cun orzamento total de 890.185 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda aprobará esta semana, en Xunta de Goberno Local, o proceso para a contratación da obra de reforma integral da Escola de Música Municipal, un paso clave para facer realidade un proxecto estratéxico cun investimento próximo aos 900.000 euros e que permitirá modernizar por completo este equipamento educativo e cultural de

referencia no municipio. O proxecto técnico, aprobado o pasado mes de decembro, conta cun orzamento total de 890.185,78 euros e permitirá adaptar o edificio ás necesidades actuais en materia de accesibilidade, eficiencia enerxética e funcionalidade, mellorando de maneira notable as condicións para o ensino e a práctica musical.

A actuación está financiada a través de dúas vías. Por unha banda, a Xunta de Galicia aporta 445.092,89 euros, o 50% do investimento, a través do Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local para proxectos municipais estratéxicos, convocatoria da que resultaron beneficiarios un número reducido de concellos en toda Galicia. Para completar a financiación, o Concello de Silleda presentou a iniciativa ao Plan Provincia Extraordinaria da Deputación de Pontevedra.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O proxecto inclúe actuacións fundamentais como a instalación dun ascensor e accesos totalmente adaptados, eliminando barreiras arquitectónicas; a mellora do illamento térmico e acústico, imprescindible para a actividade musical; a renovación da cuberta e da carpintería exterior e interior; a creación de novos aseos e a mellora xeral dos espazos e instalacións, así como a reorganización das aulas e salas de ensaio para optimizar o uso docente e artístico.


A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, destaca que “coa aprobación da contratación damos un paso definitivo para facer realidade unha demanda histórica e asegurar o futuro da Escola de Música, un equipamento que é orgullo colectivo e un verdadeiro motor cultural, educativo e social para Silleda e toda a comarca do Deza”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Garantir a actividade durante as obras

A Escola de Música Municipal conta con máis de 200 alumnos e alumnas e é canteira da Banda Municipal, da Banda Xuvenil, da Banda Infantil e de distintos grupos tradicionais, ademais de dinamizar a vida cultural da vila con concertos, festivais e intercambios.


Neste sentido, o goberno municipal xa ten avanzado ca dirección da Escola e da Banda para o traslado das clases a outra ubicación, nun plan de traslado temporal durante a execución das obras.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A reforma permitirá modernizar por completo un edificio construído nos anos 80 e que, malia os investimentos realizados hai unha década para a súa posta en funcionamento como Escola de Música, presenta na actualidade importantes carencias en accesibilidade e eficiencia enerxética.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page