top of page

Silleda aproba o proxecto de remodelación dos vestiarios das piscinas da Bandeira

Laura Moure/Silleda

A Xunta de Goberno Local do Concello de Silleda vén de aprobar proxecto básico e de execución para a remodelación interior os vestiarios das piscinas municipais da Bandeira, unha actuación coa que se pretende mellorar as condicións de uso, funcionalidade e confort destas instalacións deportivas, un espazo moi empregado durante a tempada de

verán. A intervención, que se financiará con cargo ao III Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, abrangue unha superficie total de actuación de 229,80 m² e conta cun orzamento de execución por contrata de 123.151,39 euros.

O proxecto contempla unha reorganización e mellora integral do interior do edificio dos vestiarios, optimizando os distintos espazos de servizo vinculados ao recinto: vestiario feminino, vestiario masculino, enfermaría, almacén, sala de bombas, zona de acceso e pasillos, así como a área de cafetería e zona de paso.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ademais, o proxecto inclúe melloras orientadas á accesibilidade, incorporando criterios específicos en servizos hixiénicos e duchas para garantir un uso máis cómodo e inclusivo. Tamén se dotará ao recinto de auga quente. Tamén se inclue o acabado da fachada e melloras de seguridade na zona da terraza, na parte superior dos vestiarios.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Coa aprobación deste proxecto, o Concello avanzará xa nos vindeiros días coa súa tramitación para que a obra saia a concurso nas próximas xornadas, co obxectivo de poder executar a actuación o antes posible e mellorar o servizo de cara á campaña estival.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Dende o goberno municipal sublíñase que esta intervención dá continuidade á liña de mellora das instalacións deportivas e súmase á actuación executada no ano 2021 nas piscinas municipais de Silleda, onde tamén se acometeu a remodelación e adaptación dos vestiarios, modernizando un espazo clave para o uso deportivo e de lecer da veciñanza silledense durante o verán.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page