top of page

Silleda aproba a licitación para contar cun remolque e unha trituradora polivalente lateral para Obras

Os recursos para a súa compra acheganse a través da líña de concurrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024 da Xunta e o plan Máis Provincia da Deputación


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda vén de aprobar o inicio da contración para o suministro de dous novos equipamentos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco. En concreto, tratase da adquisición dun remolque modular de 1 eixo por un importe de 20.570 euros, e que se instalará nun dos tractores municipais e se destinará a tarefas de apoio para a apertura de cunetas.

O Consistorio de Silleda. Autor: Ecos da Comarca.

Este remolque vén a completar a flota municipal de obras que xa se ampliou o pasado ano ca compra dun camión, unha extendedeira de asfalto e un pisón. “Con toda esta maquinaria o que conseguimos este ano foi ter dous equipos de traballo nas labores de bacheo, e este remolque virá a complementar o servizo, ao facilitar a apertura de cunetas previas aos mesmos” di a alcaldesa. Neste equipamento inclúese tamén un portón traseiro abatible para facilitar as tarefas de carga e descarga.


Á adquisición do remolque súmase a contratación para o subministro dunha trituradora polivalente lateral, por importe de 13.128,50 €, que se acoplará a outro dos tractores

permitindo mai or velocidad de actuación nos traballos de desbroce.


Este ano hai seis tractores desbrozando o territorio, tres municipais e tres da empresa contratada para o reforzo de verán, e con este novo accesorio mellorarase ainda máis o

servizo ao ter un ancho total de traballo de 2.200 metros, reducindo o número de pasadas necesarias , co que “axilizaremos o traballo do personal municipal”, engade a alcaldesa, Paula Fernández.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Este equipamento utilizarase polos servizos de medio ambiente e xardinería do Concello de Silleda; destinarase principalmente a tarefas de limpeza de todos os espazos naturais

así como faixas secundarias e terciarias, noiros de camiños e pistas de titularidade

municipal, etc., así como ao transporte de restos vexetais. A adquisición destes novos equipamentos, que se licitará previsiblemente o vindeiro luns día 30, cun prazo para a presentación de ofertas de 10 días, realizase con cargo aos fondos que lle corresponden ao Concello do Fondo de Compensación Ambiental e tamén con fondos do plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page