top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda aposta por poñer en valor a zona de Pozo do Pego, na parroquia de Vilar, á beira do río Deza

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda aposta por continuar poñendo en valor as áreas naturais do municipio. Así, e no marco da convocatoria das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), presentará unha iniciativa para actuar na zona de Pozo do Pego, na parroquia de Vilar Trátase dunha fermosa zona á beira do Deza , nun tramo onde o río anchea entre Vilar e Noceda, xa no municipio de Lalín


Publicidade

Ademais deste remanso, a área conta na zona máis estreita cun fermoso salto de auga onde se atopan unhas antigas tostas. A proposta do Concello de Silleda pasa por sinalizar dende Vilar a chegada a esta área natural, na que está previsto realizar unha intervención mínima para mellorar o tramo de acceso final, e limpar e mellorar o acondicionamento da área recreativa xa existente.

Este martes a alcaldesa, Paula Fernández, e a tenente de alcaldesa, Mónica González, visitaron a zona na que se pretende acometer esta actuación. “Comezaremos ca sinalización e unha pequena intervención para mellorar os accesos, co obxectivo de poner en valor e dar a coñecer esta fermosa área fluvial ca que contamos no municipio de Silleda”, explica Fernández Pena.


Publicidade

Tamén está previsto seguir acometendo melloras en outras áreas fluviais como a Xunta dos Ríos de Cira, ca renovación do mobiliario existente e a continuación das melloras iniciadas co programa Deza Circular.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page