top of page

Silleda aposta pola saúde pública sumándose á Rede Española de Cidades Saudables

Ademais, este concello foi seleccionado pola Xunta para participar no programa Adestra a túa Saúde, unha iniciativa que une saúde e deporte



Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa a reforzar o seu compromiso coa saúde e o benestar da veciñanza a través de dúas novas iniciativas que consolidan esta aposta estratéxica. Por unha banda, o pleno municipal ordinario previsto para o vindeiro xoves día 24, abordará a

adhesión do municipio á Rede Española de Cidades Saudables (RECS), mentres que por outra, Silleda vén de ser seleccionado como un dos concellos galegos que participarán no programa Adestra a túa Saúde, impulsado pola Xunta de Galicia.


Adhesión á RECS

A Rede Española de Cidades Saudables é unha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en colaboración co Ministerio de Sanidade. Conta actualmente con máis de 540 entidades locais adheridas e ten como obxectivo promover políticas públicas municipais que favorezan contornas urbanas máis saudables, sostibles e inclusivas.

Imaxe do programa municipal Silleda MoveMente.
Imaxe do programa municipal Silleda MoveMente.

A adhesión permitirá a Silleda acceder a programas, formacións, recursos técnicos e subvencións específicas para o fomento da saúde local, así como compartir boas prácticas con outros municipios do Estado. Supón tamén asumir o compromiso de integrar o enfoque da saúde en todas as políticas locais.


“Queremos que Silleda siga avanzando como un concello comprometido coa calidade de vida da súa veciñanza. Sumarnos a esta rede é dar un paso máis cara a un modelo de municipio que promove o benestar en todos os ámbitos”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández Pena.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Programa Adestra a túa Saúde

Ademais, Silleda vén de ser seleccionado pola Xunta como un dos concellos galegos que participarán no programa piloto Adestra a túa Saúde, unha iniciativa pioneira que une saúde e deporte mediante a colaboración directa co sistema sanitario.


O programa, promovido polas consellerías de Sanidade e Deportes da Xunta de Galicia e cofinanciado con fondos europeos Next Generation, ten como finalidade fomentar a prescrición de exercicio físico desde os centros de saúde para persoas maiores de 60 anos ou con risco cardiovascular, sempre que non teñan contraindicación médica.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A vindeira semana, representantes do Concello acudirán a unha reunión en Santiago de Compostela para concretar o plan de implantación, que se desenvolverá ata finais de ano. O programa inclúe ademais formación para o persoal técnico, ferramentas dixitais para o seguimento e coordinación directa co centro de saúde local. “É unha excelente oportunidade para dar un paso máis na consolidación dunha Silleda activa e saudable, integrando o ámbito sanitario e o deportivo en beneficio da veciñanza”, destaca a

alcaldesa.


O Concello lembra que este programa encaixa na liña doutras iniciativas xa impulsadas no municipio como Silleda Camiña ou Silleda MoveMente, programas que combinan actividade física ao aire libre, no marco tamén do Plan Municipal de Saúde Mental.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page