top of page

Silleda anima á veciñanza e ás asociacións a colaborar na xestión das colonias felinas

O obxectivo é desenvolver o método CER, baseado na captura, na esterilización e no retorno dos gatos ao seu territorio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda busca a participación da veciñanza para desenvolver o Plan Municipal de Xestión de Colonias Felinas e anima a colaborar como voluntarias a todas as persoas ou asociacións interesadas no benestar animal. O Plan Municipal de Xestión de Colonias Felinas, impulsado polo goberno municipal, ten como obxectivo controlar a poboación dos gatos nas rúas aplicando o método CER de captura, esterilización e retorno.

ree

Faise así un control sanitario das colonias felinas ao tempo que, grazas á esterilización de polo menos un 75 dos integrantes, se estabiliza a poboación de gatos nas rúas para que vaia diminuíndo e mesmo quede erradicada.


En concreto, o Concello de Silleda propón no seu plan unha serie de pasos que comeza pola captura dos gatos para proceder a desparasitalos e vacinalos, esterilizados e identificalos, antes de devolvelos ao seu territorio de orixe, que estará limpo e desinfectado. Unha vez alí, serán alimentados e vixilados coa fin de facer un seguemento.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Os beneficios deste método de colonias felinas tradúcese nun descenso de enfermidades infecciosas, a hixienización da zona e a diminución progresiva de membros da colonia. Ademais, tamén se demostrou que a esterilización dos machos evita desprazamentos para buscar parella e, con eles, o perigo de accidentes e atropelos.


O Concello de Silleda solicita agora a colaboración da veciñanza para levar a cabo as

distintas accións contempladas no plan. A cada persoa ou grupo de persoas colaboradoras, asignaráselles o coidado dunha colonia e, entre as súas tarefas, estará a subministración dunha alimentación axeitada facilitada polo Concello, a limpeza periódica de comedeiros e bebedoiros e a comunicación co Concello para dar conta de calquera incidencia.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As persoas ou asociacións interesadas en formar parte do programa deberán cubrir o

modelo de solicitude correspondente (para particulares ou Anexo II para colectivos), que

atoparán na páxina web municipal, e presentalo de xeito presencial no Rexistro Xeral ou

ben telematicamente por sede electrónica. As persoas solicitantes pasarán a formar parte dunha listaxe de persoas colaboradoras autorizadas e recibirán un carné identificativo. Tamén se lles asignará a xestión dunha ou varias colonias.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page