Está dirixido ao alumnado de 3 a 12 anos empradroados en Silleda
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través da Concellería de Educación que dirixe Ángela Troitiño, amplia o prazo de prazo de inscrición para participar no Servizo Lúdico Educativo durante o curso escolar 2024-2025 ao longo desta semana, ata o venres día 9.
Este servizo, de apertura de centros escolares fóra das horas lectivas, é para o alumnado de 3 a 12 anos (Infantil e Primaria) empadroados no municipio. Só se aceptarán menores non empadroados en Silleda cando existan prazas libres e non serán aplicables os descontos nas taxas, tal e como se estipula na normativa municipal.
Publicidade
As inscricións poderán facerse de xeito presencial no Rexistro Municipal en horario de 9:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica do Concello. O horario do servizo será de luns a venres de 15:00 a 21:00 horas, e os días non lectivos (non festivos) de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Publicidade
Os formularios para a inscrición estarán dispoñibles no Rexistro Municipal e tamén na páxina web do Concello, a continuación desta entrada. A selección dos nenos e nenas participantes realizarase dacordo ao regulamento deste servizo municipal. Así mesmo, aclarase que esta inscrición só é para a participación na atención aos menores durante o curso escolar, sen incluír as inscricións para os campamentos de Nadal e de Verán que se prestan a través deste mesmo servizo.
Comments