top of page

Silleda albergará dúas charlas: unha sobre o TDHA e outra sobre o consumo consciente e responsable

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Serán o 17 e 19 de febreiro respectivamente


Laura Moure/Silleda

Silleda albergará nos vindeiros días dúas charlas: por un lado, unha sobre o TDHA e outra sobre o consumo consciente e responsable. Serán o 17 e 19 de febreiro respectivamente.

O Concello de Silleda e AUPA Deza organizan a xornada formativa “Falemos do TDAH” que terá lugar o vindeiro sábado 17 de febreiro, no Centro Social de Silleda, de 10:00 a

14:00 horas. Está dirixida a familias, profesionais e aberta a toda persoa interesada. A participación é de balde pero requírese inscrición previa no 986 592 037.


Nesta charla trataranse temas que se engloban en catro bloques: Qué é o TDAH?, Detección e diagnóstico, Atender as necesidades do TDAH e por último, TDAH e familia.


Estará impartida por persoal da Fundación INGADA, Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados. Este colectivo galego, que xorde en 2014 co obxectivo de dar asistencia a persoas con TDAH e trastornos asociados e ás súas familias, conta cun equipo multidiciplinar de profesionais da investigación, a medicina, a psicoloxía, o dereito, a educación… interesados e interesadas en mellorar a atención ao TDAH en todos os

ámbitos da vida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Dende o departamento de Benestar anímase a asistir posto que servirá para coñecer de primeira man a afección que este trastorno supón en todas as áreas individuais, familiares e sociais, e para o coñecemento de ferramentas para atender as necesidadades derivadas deste trastorno.


Por outro lado, o Concello de Silleda, a través da Concellería de Promoción Económica, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, desenvolverá ao longo deste ano 2024 a campaña informativa Infoconsumo.


Se a primeira charla era sobre os Servizos de telefonía móbil, a segunda vai sobre o “Consumo consciente e crítico, decisións de compra: prezos, etiquetaxe”. Terá lugar o luns 19 de febreiro na Casa da Xuventude de 10:30 a 11:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tanto esta charla coma as posteriores xornadas están abertas á cidadanía en xeral. Nesta en concreto participará o alumnado do IES Pintor Colmeiro do ciclo de comercio.


Co obxectivo de dispoñer de información en materia de consumo e coñecer os nosos dereitos para reducir os riscos de vulnerabilidade, haberá charlas informativas nas que se asesorará á poboación silledense (mocidade, maiores, mulleres comerciantes…) de diferentes temas de interese.


Deste xeito, falarase dos Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar; Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas, dixitalización dos servizos…; Servizos non fogar: luz e gas; e Consumo responsable e decisións de compra: presos, etiquetaxe…

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page