top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda alberga por quinto ano consecutivo o DéporCampus Cabreiroá, do 8 ao 12 de xullo

As actividades terán lugar no campo de Outeiriño-Joselu Mato en horario de mañá


Laura Moure/Silleda

O municipio de Silleda contará un ano máis ca celebración do DeporCampus Cabreiroá, impulsado polo RC Deportivo da Coruña. O acto de presentación contou ca participación das concelleiras de Deporte, Mónica González, e de Educación e Benestar, Ángela Troitiño, así como de Alejandro Vidal responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador do programa local da Fundación RC Deportivo.

A actividade levarase a cabo entre os días 8 e 12 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O campo Joselu Mato - O Outeiriño será o escenario deste campus destinado a nenos e nenas de 6 a 14 anos.


Publicidade

As persoas interesadas poden consultar consultar toda a información e realizar o proceso de inscripción ata o vindeiro martes día 2 no seguinte enlace:


Publicidade

Para consultas ou dúbidas sobre a inscrición, tamén se pode remitir un mail  deporcampus@rcdeportivo.es.


Dende o Concello de Silleda agradécese á Fundación RC Deportivo que continúen apostando polo municipio con esta actividade, que se celebra dende o ano 2019 nos campos municipais silledenses.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page