top of page

Silleda activa un ano máis o Programa de Atención a Persoas con Alzheimer e outras demencias

Os obradoiros de terapia cognitiva comezarán a vindeira semana na Casa da Xuventude, con 24 persoas usuarias

Laura Moure/Silleda

O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) continuará ao longo deste ano no municipio. A Xunta de Goberno acordou aprobar novamente o convenio de colaboración coa entidade, que vén impartindo este programa desde 2014 no municipio. O Concello de Silleda destinará a este programa un total de de 17.390 euros.


“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, destacando que a posta en marcha desta iniciativa é “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade.

Esta previsto que na vindeira semana, unha vez rematadas as valoracións por parte do

personal especializado de Afapo, comecen a impartirse os obradoiros de estimulación

cognifitiva para as persoas aqueixadas de alzhéimer e outras demencias que continuarán ata final de ano na Casa da Xuventude. Esta é unha das actividades que se vén desenvolvendo con este programa, ao igual que os cursos para familiares e coidadores/as. As sesións terán lugar todos os martes e xoves, en dúas quendas, nas que se repartirán as 24 persoas que participarán este ano no programa, cun claro obxectivo de prevención da enfermidade.


Dende o Concello de Silleda tratarase de realizar ademais unha campaña informativa sobre este programa, “para tratar de chegar a máis poboación xa que sabemos da incidencia que ten esta enfermidade e que temos, por desgracia, máis usuarios e usuarias potenciais”, engade o alcalde.


Obxectivos

Dende AFAPO, o seu presidente José Manuel Fontenla, explica que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a

importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentan as persoas con demencias.


A mellora da calidade de vida, tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta ou a apertura do Centro de Día e Residencia”, sinala a concelleira Ángela Troitiño. Tamén está previsto na programación deste ano a celebración de charlas informativas abertas ao público en xeral.

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page