Este Concello realiza inscricións para o a probas das Competencias Clave a partir de hoxe, 15 de xaneiro
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda segue adiante coa súa programación no marco do Plan Municipal de Saúde Mental e levou a cabo este luns día 13 de xaneiro unha sesión destinada a toda a veciñanza sobre a depresión na Casa do Concello ás 18:00 horas no Salón de Actos, ubicado no segundo andar do edificio.
Esta actividade promove darlle a relevancia que se merece á saúde mental, materia na que o Concello destaca por ser un dos primeiros municipios en elaborar un plan municipal propio que insta a participar á veciñanza para compartir experiencias; respondendo a unha problemática que afecta a todas e todos, sen importar a idade, o xénero ou a situación e ofrecer así o apoio preciso para cada circunstancia.

A sesión foi impartida por personal especializado da asociación FEAFES, (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), a quen dende o Concello de Silleda se lle agradece a súa colaboración ca implementación deste programa municipal.
Onte unhas 25 persoas acudiron a falar e profundizar sobre a importancia de dar visibilidade a este tipo de enfermedades mentais nunha charla prolongada da que se obtiveron gratos resultados e unhas postas en común do necesario que é relativizar estas cuestións na veciñanza. Dende o departamento municipal de Benestar, a concelleira Ángela Troitiño,destaca que “unha das maiores barreiras é a desinformación, os mitos que se manteñen sobre esta enfermidade. Aínda existen moitos prexuízos que dificultan que as persoas afectadas pidan axuda, e por iso continuaremos impulsando espazos de formación e sensibilización coma este” engade. O Concello de Silleda continúa así, comprometéndose en seguir mellorando os recursos de apoio e en garantir que a sociedade sexa cada vez máis inclusiva e sensible a esta problemáticas.
Publicidade
Por outra banda, o Concello de Silleda, a través do departamento de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, volve asesorar nas inscricións para os cursos de Competencias Clave, para as que se acaba de abrir a convocatoria de exame nivel 2 e 3. As probas avalían a comunicación en lingua galega, en lingua castelá, en lingua estranxeira (inglés) e a competencia matemática. Poderán presentarse maiores de 16 anos (que os teñan feitos a 31 de decembro do ano natural no que se realizan as probas) e non estar en posesión de ningún dos requisitos establecidos para o acceso á formación dos certificados profesionais.
O prazo para inscribirse é de un mes (abre hoxe día 15 de xaneiro) e todas as persoas que o desexen poden achegarse ata o departamento de Educación onde a través da Educadora Social se prestará orientación e asesoramento para o trámite da inscrición. Previsiblemente coñeceranse o lugar, data e hora da realización das probas na segunda quincena de maio a través da web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Komentarai