top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda acollerá un ciclo sobre ofimática para a mocidade a través do programa TIC Emprendes

Este programa formativo está promovido pola Deputación de Pontevedra e poden participar as persoas de 16 a 30 anos


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de sumarse ao programa TIC Emprendes, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e confinanciado polo Fondo Social Europeo. Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persas mozas que residan en localidades dun entorno rural. No caso de Silleda realizarase un itinerario formativo sobre competencias dixitais en ofimática, previsto para marzo de 2022.

Para participar hai que ter entre 16 e 30 anos, estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e non estar ocupadas nin integradas no sistema de educación ou formación. É necesario contar cun mínimo de 15 persoas.


Todas os interesados poden informarse no departamento de Xuventude do Concello de Silleda, chamando ao 986 592 037, na web da Deputación ou chamando ao teléfono 886 217 320.


Durante este curso, cunha duración de 125 horarios, darase formación sobre competencias dixitais en ofimática, ademais de impartirse participantes formación específica en materia emprendemento e orientación para a búsqueda de emprego por conta propia ou allea.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page