top of page

Silleda acollerá o sábado a IV Carreira de Orientación, con saída dende a praza Juan Salgueiro

Hoxe, mércores, é o último día para inscribirse na páxina de Xesta Natureza


Laura Moure/Silleda

Este sábado día 29 Silleda acolle de novo unha proba de orientación, despois do éxito de edicións pasadas, en colaboración con Xesta Natureza. A cita será ás 17:00 horas na praza de Juan Salgueiro. O prazo de inscrición (na web xestanatureza.com) remata hoxe, mércores.

ree

Esta carreira de Orientación consistirá en visitar no menor tempo posible todas as balizas establecidas na orde que se indica no mapa.

Poden facerse grupos de ata catro participantes por equipo, elexindo algunha das seguintes categorías:

  • Xestiñas: categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente (menos de 3 kms en total).

  • Xestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio (menos de 4 kms en total).

  • Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5 kms en total).

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto. A organización facilitará aos participantes unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas, debendo completar o percorrido en orde dende a saída ata a meta.


"Para reducir o uso de envases, cobraremos 1 euro de fianza por un vaso reutilizable. Cando remate a proba, se se devolve o vaso devolveránse os cartos", sinala o Concello.

Dende a Concellería de Deportes, que organiza esta proba, anímase á veciñanza a participar nesta carreira de orientación


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page