É un filme de animación, protagonizado por unha rapaza con Síndrome de Down, e está enfocado ao público infantil e familiar
Laura Moure/Silleda
A través do programa FalaRedes de dinamización lingüística e de Redecinema, o vindeiro venres día 8 de setembro vaise proxectar o filme Valentina na Praza Juan Salgueiro de
Silleda ás 21:00 horas. Trátase dunha película de animación, chea de aventuras e con partes musicais, protagonizada por unha cativa con Síndrome de Down chamada Valentina que soña con ser trapecista.
A súa directora e produtora, Chelo Loureiro, inspirouse na súa irmá para escribir o guión xunto a Lúa Testa. Gañadora do premio Goya á Mellor Película de Animación no 2021, foi feita pola produtora galega Abano Producións, en coprodución con Antaruxa e El Gatoverde Producciones.
Publicidade
Está pensada para que o público infantil, e adulto en xeral, disfrute desta obra audiovisual e aprenda valores coma o respecto á diversidade e a superación persoal, xa que este filme fala da inclusión social das persoas con diversidade funcional e intelectual.
Publicidade
A entrada a esta actividade é de balde e a proxección farase en formato de cinema de verán: ao aire libre e con gran pantalla.
Comments