top of page

Silleda acollerá este verán un Campus de Patinaxe para nenos e nenas de 4 a 12 anos

A actividade desenvolverase en dúas quendas, do 20 ao 24 de xullo e do 3 ao 7 de agosto, en horario de mañá e con prazas limitadas


Laura Moure/Silleda

Silleda acollerá este verán un Campus de Patinaxe, unha nova proposta deportiva, educativa e de conciliación dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A actividade, coa que colabora o Concello de Silleda, desenvolverase en formato semanal, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, con dúas quendas independentes: do 20 ao 24 de xullo e do 3 ao 7 de agosto. O campus contará con prazas limitadas e está concibido como unha alternativa de ocio saudable durante o período estival, combinando a práctica do patinaxe con outras actividades complementarias.

A patinaxe será a actividade principal de cada xornada, cun bloque específico de 10:00 a 12:00 horas no que se traballarán aspectos como a técnica, o equilibrio, a coordinación, o control corporal e os desprazamentos, sempre adaptando as dinámicas á idade e ao nivel de cada participante.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Despois dun tempo de descanso e merenda, entre as 12:30 e as 14:00 horas desenvolveranse actividades complementarias de carácter deportivo, creativo e recreativo. Entre as propostas previstas figuran actividades acuáticas, tiro con arco, obradoiros de cociña, cerámica, defensa persoal, xogos cooperativos e dinámicas grupais, sempre en función da dispoñibilidade de instalacións e recursos.


Con esta iniciativa, o municipio amplía a oferta de actividades de verán para a rapazada en Silleda, sumando unha proposta que combina deporte, aprendizaxe e diversión.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Prazas limitadas e inscrición previa

O Campus de Patinaxe terá un máximo de 35 participantes por quenda semanal, co obxectivo de garantir unha atención próxima, segura e adaptada ás necesidades dos nenos e nenas. As sesións estarán supervisadas por monitoras con experiencia en actividades deportivas e de ocio infantil.


O prezo do campus será de 90 euros por semana. Ademais, ofrecerase a posibilidade de contratar un servizo opcional de merenda para aquelas familias que o precisen. As persoas interesadas poden solicitar información ou reservar praza a través do teléfono/WhatsApp 606 677 491 ou no correo electrónico perezvazquezlucia@gmail.com.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page