Silleda acolle unha nova edición do DéporCampus Cabreiroá, do 14 ao 18 de xullo
- Laura Moure
- hace 5 días
- 1 Min. de lectura
As actividades terán lugar no campo da Gandareira en horario de mañá
Laura Moure/Silleda

O municipio de Silleda contará un ano máis ca celebración do DeporCampus Cabreiroá, impulsado polo RC Deportivo da Coruña. O acto de presentación contou ca participación da alcaldesa, Paula Fernández, e das concelleiras de Deporte, Mónica González, e de Educación e Benestar, Ángela Troitiño, así como de Alejandro Vidal responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador do programa local da Fundación RC Deportivo
A actividade levarase a cabo entre os días 14 e 18 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O campo da Gandareira, na Bandeira será o escenario deste campus destinado a
nenos e nenas de 6 a 14 anos.
Publicidade
As persoas interesadas poden consultar consultar toda a información e realizar o proceso de inscricción no seguinte enlace: https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2024/inicio Para consultas ou dúbidas sobre a inscripción, tamén se pode remitir un mail a
Dende o Concello de Silleda agradécese á Fundación RC Deportivo que continúen apostando polo municipio con esta actividade, que se celebra dende o ano 2019 nos campos municipais silledenses, cunha participación que segue en aumento ano tras ano.
Comments