top of page

Silleda acolle unha nova acción de dixitalización de Ineco RuralTIC con talleres para veciños e negocios

A cita é dende onte ata o 29 de maio


Laura Moure/Silleda

O municipio de Silleda acolle dende onte ata o 29 de maio unha nova edición do programa de voluntariado corporativo Ineco RuralTIC, unha iniciativa da enxeñería pública Ineco para impulsar a dixitalización en contornas rurais e que, na súa cuarta edición, continúa o seu despregamento en Galicia tras o seu paso por Maceda. Dous profesionais de Ineco compatibilizarán durante dúas semanas a súa actividade laboral en remoto con talleres de apoio á dixitalización local.

José Vicente Úbeda, da xerencia de Explotación e Soporte TI de Ineco, e Marta Vega, da Xerencia Cambio Climático e Transición Enerxética, serán os nómades dixitais que se despracen ao municipio. Entre os contidos previstos inclúense talleres dirixidos á poboación relacionados, entre outros, con comunicación dixital; correo electrónico e mensaxería instantánea; banca e compra en liña; trámites administrativos dixitais; seguridade na internet; posicionamento dixital para pequenos negocios; así como accións para posicionar tecnoloxicamente ás pemes locais.


Horarios en Silleda

  • Martes 18 maio: ás 17:00 horas en Dornelas

  • Xoves 21de maio: ás 18:00 horas en Graba

  • Venres 22: ás 18:00 h en Abades

  • Mércores 27: ás 17:30 Laro

  • Xoves 28: Breixa ás 18:00 h.

  PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ineco RuralTIC impulsa a transformación dixital en municipios rurais de menos de 10.000 habitantes con actividades formativas dirixidas tanto a cidadanía como a pequenos negocios e pemes do municipio. Máis de 40 municipios rexistrados na cuarta edición con presenza prevista en 10 comunidades autónomas e 26 provincias.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Máis de 100 municipios participantes e máis de 1.000 talleres impartidos

Preto de 285.000 persoas alcanzadas ao longo de todas as edicións. Os obxectivos do programa: 

  • Reducir a fenda dixital  Impulsar oportunidades de desenvolvemento rural  Fomentar a capacitación tecnolóxica 

  • Promover un modelo de colaboración entre contorna urbana e rural



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page