top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda acolle o vindeiro venres a representación teatral do 'Camiño a Compostela'

Os actores recrearan as andainas de Otero Pedrayo, Vicente Risco, López Cuevillas e outros galeguistas no verán de 1926, atravesando tamén as terras de Trasdeza


Laura Moure/Silleda

A obra teatral Camiño de Nós, que recrea o periplo dende Ourense a Compostela de 7 intelectuais e escritores membros da xeración Nós no verán de 1926, chegará a Silleda a

vindeira semana. A cita será o venres 1 de outubro, ás 12:30 no núcleo tradicional de O Foxo, un dos lugares máis emblemáticos que atravesa o Camiño por Santiago.

Nesta proposta teatral dirixida por Rosa Puga Davila e adaptada por Luis González Tosar, rememórase o itinerario que fixeron a pé, dende Ourense a Santiago, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xavier Pardo, Antón Sánchez, Lois Feixóo, Afonso V.Monxardín e Florentino López Cuevillas.


A representación, á que tamén se convidou ao alumnado de Secundaria, está aberta ao público en xeral. Esta reprentación está a percorrer os concellos que forman parte da Asociación Camiño de Nós, para poñer en valor o itinerario realizado por este grupo hai 95 anos. A idea da obra partiu da Fundación Insua dos Poetas, que preside Gonzalez Tosar en colaboración coa actriz e directora teatral Rosa Puga, a partir das crónicas da viaxe que publicou Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page